52 2025ANPA As Mercedes

Detalle noticia

BLog Img
04/02/2025 Publicado por: Charlas 7 Lérona

ESCOLA DE FAMILIAS

TALLER RCP BÁSICA NA ESCOLA

O vindeiro martes 11 de febreiro ás 18:30 a Escola Oficial de Enfermería de Lugo impartirá no noso colexio un taller de RCP BÁSICA NA ESCOLA, centrada no recoñecemento da "PCR" (Parada Cardiorrespiratoria) e os seus signos, na importancia da "Cadea de supervivencia" e o manexo de atragoamentos, así como prácticas de RCP, posición lateral de seguridade e desobstrución da vía aérea. Este taller axudaranos ós pais e á comunidade educativa en xeral a saber que facer no caso de que se nos presente unha urxencia vital ó noso arredor.

Haberá servizo de cangureo para as familias que acudan con nenos.