ROTEIROS POLA COMARCA COLEXIOS DE LUGO
3º ROTEIRO 2024-2025
Este Domingo 26 de Xaneiro, terá lugar o 3º Roteiro deste curso, organizado pola anpa do Colexio Casás.
O percorrido escollido para esta ocasión é en Vilasantar (A Coruña) co roteiro "Ruta dos muíños do rego das Gándaras" seguindo o cauce do río Gándara e poderemos ver ata 22 muíños en diferentes estados de conservación. Ao ser unha ruta lineal, cada un pode ir medindo as súas forzas e facer ata o "Batán de Mezouzo", 5 kms. ida e volta, ou seguir ata a "Ponte da Gándara", que serían uns 12 kms. en total.
Saída ás 10:30 deste punto de encontro:
https://goo.gl/maps/aAVtWaZYqmrMN4cg7
Máis info da ruta nestes dous enlaces:
https://www.caminandoentresenderos.com/muinos-do-rio-das-gandaras-vilasantar/
https://vilasantar.gal/ruta-dos-muinos/
Esperámosvos, pasarémolo xenial!!!